Sunday 28 de April de 2024

Trinta veciños formáronse en manipulación de alimentos no curso gratuítos do Servizo de Orientación Laboral de Riveira


Un total de 30 veciños formáronse nun curso gratuíto de manipulación de alimentos: unha acción promovida dende o Servizo Municipal de Orientación Laboral do Concello de Riveira e destinado a persoas en situación de desemprego.

O curso foi impartido no viveiro de empresas. As actividades prioritarias nas que se enfocaron foron as de “industria conserveira”, “restauración colectiva” e “produtos pesqueiros”, dirixidas respectivamente ao traballo nas conserveiras, negocios de hostelería/comedores e empresas que manipulen produtos da pesca (lonxa, cetarias, peixerías, por exemplo)

A entrega de diplomas tivo lugar hoxe no Centro Cultural Lustres Rivas e contou coa participación da concelleira de Dinamización e Promoción Económica, Fabiola García, xunto coa Orientadora Laboral do Concello, Carolina Pampín.